¿Que nos cambiou a pandemia? por Isa e Elena de Guitiriz

Cos usuarios de Guitiriz a actividade segue sendo principalmente mediante atención a domicilio, como xa nos contara Isa nun artigo anterior, pero afortunadamente as cousas van cambiando e xa hai algunha actividade que poden realizar de forma conxunta. Hoxe vannos falar da Ximnasia:



No referente a actividade de ximnasia; cambiou un pouco o que facemos agora; é chegar a clase e botamos xel na entrada, e desinfectamos os pés no felpudo que ten xel; xa non hai contacto fisico e temos que gardar a distancia de seguridade.

 Ó principio non sabiamos como iba a ser facer a ximnasia con mascarilla; pensabamos que nos ibamos agobiar máis; fómolo levando bastante ben.

 Agora xa só podemos facer actividade en Guitiriz o xoves; botamos de menos non ir ó centro e comer todos xuntos; tamén botamos de menos as viaxes tanto as de Sanxenxo como as do Imserso.

Estes meses foron duros; pero en todo momento estivemos en contacto tanto con Flor coma con Óscar; tódolos dias falabamos por teféfono un bo rato.

 Ainda que tiñamos restriccións, como vivimos no rural, levámolo mellor ca xente da cidade; ó vivir nunha casa de campo sempre podiamos saír para fóra, non tiñamos que estar metidos nun piso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por leer nuestros artículos. Esperamos poder ayudarte a comprender mejor este tipo de enfermedad. Debido a la escasez de tiempo para la gestión diaria del blog, no nos es posible publicarlo ahora, pero agradecemos muchísimo tu comentario y se publicará a lo largo de la semana. ¡Gracias!