Coñecede a miña terra!

Eu son un cidadán como outro calquera  do concello de A PASTORIZA e recoméndovos de boa gana que o visitedes, pois é un lugar cheo de encanto na TERRA CHÁ onde a principal fonte de ingresos é a gandería. Neste concello pódese apreciar o nacemento do río Miño, un paisaxe natural. As súas festas son en setembro, aínda que as mellores  e recomendables son as da parroquia de Bretoña do mesmo concello que son o 19, 20, 21 de agosto, onde veñen as mellores orquestras de Galicia. Tamén  hai moita afluencia de público é na festa celta de Bretoña que se celebra todos os anos para cumplir cunha  tradición. Todos se visten de celtas arredor  dunha carballeira e fan un conxuro máxico  e ata ven xente extranxeira  e acampa  nos arredores.
Sobre gastronomía recoméndolles  A casa de Luciano que é un bar/restaurante onde se pode comer  unha  boa pulpada/churrascada, e tamén hai hospedaxe.
Sobre os amantes do motor  hai  a pista de karting, unha das máis grandes de España onde se dan clases de conducción de risco, e onde tamén  hai competicións  de mini-cars dende a idade infantil ata idade adulta.
O Concello ten 19 parroquias e está salpicado de capillas, cruceiros e igrexas.
De Historia dicirvos que os Bretóns   loitaron  contra as tropas de Napoleon  no século XIX.
Eu  admiro esta  nosa  terra porque  esta chea de encantos. Invitovos a  todos vós a visitala  pois  non vos decepcionaredes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por leer nuestros artículos. Esperamos poder ayudarte a comprender mejor este tipo de enfermedad. Debido a la escasez de tiempo para la gestión diaria del blog, no nos es posible publicarlo ahora, pero agradecemos muchísimo tu comentario y se publicará a lo largo de la semana. ¡Gracias!